Site icon Crónica3.com A Mariña

O mércores 11 de setembro comeza o curso escolar 2013/2014 para Educación Infantil e Primaria mantendo un número de estudantes similar ao do ano pasado

Santiago, 8 de setembro de 2013.- Máis de 200.000 estudantes comezarán este mércores, 11 de setembro as clases nos ciclos de educación infantil e primaria, sendo 67.591 alumnos e alumnas e 133.199 respectivamente, o que reflicte un descenso na primeira etapa e un mantemento das matrículas na segunda. Cómpre destacar que ditos datos son provisionais e que varían ao longo do curso.

 

Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 67.591 alumnos e alumnas comezarán o mércores as aulas de educación infantil. Deles 28.853 están matriculados na provincia de A Coruña; mentres que 25.699 son de Pontevedra; 6.678 de Lugo e 6.361 de Ourense, fronte aos 28.601; 26.003; 6.738 e 6.376 respectivamente do curso pasado. Un lixeiro descenso na comunidade que volve a dar conta da tendencia que se ven reflectindo desde hai cursos.

Por tipo de centros e por provincias queda, respecto do curso pasado do seguinte xeito:

Centros públicos 2012/2013 Centros públicos 2013/2014 Centros privados

e concertados 2012/2013

Centros privados e concertados 2013/2014
A Coruña 20.216 alumnos 20.555 alumnos 8.385 alumnos 8.298 alumnos
Lugo 4.916 alumnos 4.892 alumnos 1.820 alumnos 1.786 alumnos
Ourense 4.177 alumnos 4.191 alumnos 2.199 alumnos 2.170 alumnos
Pontevedra 17.888 alumnos 17.700 alumnos 8.115 alumnos 7.999 alumnos
Total 47.197 alumnos 47.338 alumnos 20.519 alumnos 20.253 alumnos

 

Así dáse conta dun descenso nas matriculacións nesta etapa educativa do 0,2% respecto do curso pasado.

2012/2013 2013/2014
Centros públicos 47.197 alumnos 47.338 alumnos
Centros privados e concertados 20.519 alumnos 20.253 alumnos
Total 67.716 alumnos 67.591 alumnos

 

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu lixeiramente respecto do curso anterior.

2012/2013 2013/2014
A Coruña 425 alumnos 390 alumnos
Lugo 177 alumnos 159 alumnos
Ourense 140 alumnos 120 alumnos
Pontevedra 447 alumnos 366 alumnos
Total 1.189 alumnos 1.035 alumnos

 

Educación Primaria

Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 133.199 alumnos e alumnas tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia. Por provincias 55.426 están matriculados en A Coruña; 13.314 en Lugo; 12.757 en Ourense e 51.622 en Pontevedra. Fronte aos 55.147; 13.201; 12.680; 51.710 respectivamente do curso pasado.

Centros públicos 2012/2013 Centros públicos 2013/2014 Centros privados e concertados 2012/2013 Centros privados e concertados

2013/2014

A Coruña 39.090 alumnos 39.375 alumnos 16.057 alumnos 16.051 alumnos
Lugo 9.597 alumnos 9.650 alumnos 3.604 alumnos 3.664 alumnos
Ourense 8.293 alumnos 8.385 alumnos 4.387 alumnos 4.372 alumnos
Pontevedra 35.564 alumnos 35.681 alumnos 16.146 alumnos 15.941 alumnos
Total 92.544 alumnos 93.091 alumnos 40.194 alumnos 40.028 alumnos

 

No conxunto dos centros a comparativa co pasado ano escolar queda do seguinte xeito:

2012/2013

2013/2014
Centros públicos 92.544 alumnos 93.091 alumnos
Centros privados e concertados 40.194 alumnos 40.028 alumnos
Total 132.738 alumnos 133.119 alumnos

No caso da educación primaria o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso descende en máis de trescentos estudantes.

2012/2013 2013/2014
A Coruña 1.866 alumnos 1.716 alumnos
Lugo 755 alumnos 743 alumnos
Ourense 569 alumnos 540 alumnos
Pontevedra 1.720 alumnos 1.570 alumnos
Total 4.910 alumnos 4.569 alumnos

 

Centros escolares e persoal docente

Os centros que desde o 11 de setembro impartiran ensinanzas de educación infantil e primaria, quedan distribuídos do seguinte xeito:

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
Educ. Infantil 67 4 5 75 151
Educ. Primaria e Infantil(1) 246 93 86 219 644
Educa. Primaria e ESO (2) 56 25 23 68 172
Total 369 122 114 362 967

(1) Inclúen os centros que imparten exclusivamente o primeiro ciclo de educación infantil.

(2) Inclúense os centros que imparten o segundo ciclo de educación infantil.

Atención a todas las necesidades

Neste punto cómpre destaca que a Consellería volve a garantir a axeitada atención docente a todo o alumnado galego, prestando especial atención e apoio aos estudantes con necesidades específicas de atención educativa – pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, entre outros-, así como o mantemento da calidade do ensino.

Así, e grazas a diversas medidas tomadas a cabo pola Administración, cunha xestión eficiente dos recursos docentes, o que da resposta á demanda da cidadanía galega, e a aplicación do Decreto de Atención a diversidade garántese a atención ás alumnas e alumnos que máis o necesitan, mantendo a calidade do noso ensino.

 

Servizos complementarios

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a Consellería. Ámbolos dous foron adaptados, un ano máis, as necesidade existentes para o presente curso nos centros educativos, dando así resposta ás alumnas e alumnos.

A Consellería de Educación volve deste xeito demostrar o seu interese polo benestar dos estudantes galegos, e a pesar da complicada situación económica que se vive nestes momentos fai un esforzo a prol das alumnas e alumnos. Cómpre sinalar que este será o segundo ano no que as achegas económicas poderán destinarse a sufragar os gastos ocasionados pola contratación de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.

Exit mobile version