Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés celebra este mércores asamblea de afiliados

Burela, a 30 de setembro de 2013.- O Partido Popular de Burela celebrará este mércores, día 2, unha asamblea de afiliados e simpatizantes que terá lugar na Antiga Biblioteca ás oito da tarde. Convocatoria que en principio estaba fixada para o xoves día 3.

O portavoz da agrupación local, José Luis Lois Losada, manifestou que na orde do día fixada polo presidente, José María González Barcia, figuran varios asuntos. Por un lado, darase conta da reestructuración levada a cabo polo partido, a nivel interno, desde a celebración do congreso local hai tres meses e medio; tamén en clave de partido, a asamblea local debatirá sobre as liñas de traballo a seguir nos vindeiros meses e xa encarando as eleccións europeas de 2014.

Lois Losada incidiu especialmente nos asuntos de ámbito municipal: “o presidente local do partido explicará polo miudo as actuacións levadas a cabo polo equipo de goberno e as novas producidas nos últimos meses, que teñen todas elas sen dúbida grande repercusión no noso concello, e os afiliados e simpatizantes asistentes terán oportunidade de expresar a súa opinión ó respecto”.

Exit mobile version