“De novo a Xunta de Galicia leva a cabo investimentos en Ribadeo. Referímonos nesta ocasión á Consellería de Industria, que vai financiar o 75 por cen do orzamento das obras de remodelación, adecuación e humanización da rúa Ramón González, en concreto no tramo comprendido entre o cruce coa avenida de Galicia e a rúa Deputación, que é o queda por arranxar. Congratulámonos desta nova axuda da Xunta de Galicia, neste caso por un valor de 83.000 euros”, explicou Jesús López Penabad.
O presidente do Partido Popular ribadense lembroulle ao alcalde, o nacionalista Fernández Suárez, que “aínda que segue queixándose, Ribadeo está recibindo continuas subvencións e axudas por parte da Xunta de Galicia. Esta será outra obra máis que se realizará en Ribadeo e servirá para rematar o acondicionamento de boa parte do centro e o casco histórico de Ribadeo. Polo tanto, seguimos avanzando coa colaboración activa da Xunta de Galicia para Ribadeo, para os ribadenses e para os visitantes”.