Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo destaca que a Xunta concedeu ao Concello axuda para a contratación de oito socorristas e catro operarios

Ribadeo, 18 de setembro de 2013. A Xunta de Galicia, a través do Plan de Cooperación Local, concedeu ao Concello de Ribadeo axuda económica para contratar oito socorristas na pasada campaña de verán e catro operarios para traballar durante seis meses na área de Medio Ambiente. Anunciouno hoxe o presidente do Partido Popular ribadense, Jesús López Penabad.

“O Plan de Cooperación Local da Xunta de Galicia para o Concello de Ribadeo subvencionou a contratación de oito socorristas, desta campaña de verán do 2013 que acabamos de rematar. E, aparte disto, catro operarios para a área de Medio Ambiente, que estarán contratados durante seis meses a partir de outubro. Deste catro traballadores, dous serán capataces e outros dous peóns”, explicou Jesús López Penabad.

Para o presidente do PP de Ribadeo “con isto queda de manifesto a axuda que a Xunta de Galicia está prestando continuamente a este concello, como a outros. Pero, evidentemente, sen discriminar, do que moitas veces o alcalde intenta acusar ao Goberno galego. Eu simplemente enumero esas axudas para que calquera ribadense poida ver que a Xunta periodicamente cumpre e apoia a este concello, como non podía ser doutra maneira”.

Exit mobile version