Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro preguntará en Pleno polos colectores soterrados da Praza de Lugo e sobre a construción e venda de nichos no Cemiterio Municipal de Altamira

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza ao Alcalde da Corporación, as seguintes PREGUNTAS sobre as que desexa obter a correspondente resposta, ben oral ou escrita.

Algúns dos colectores de lixo soterrados da Praza de Lugo non se atopan en servizo, pois de momento son os colectores de superficie para recollida de residuos sólidos urbanos os que seguen realizando esta función. Por iso, preguntamos ao Goberno Local :

1. Cal é o motivo polo cal algún destes colectores de recollida de residuos sólidos urbanos soterrados nesta praza no se atopan operativos?

2. Para que data ten previsto o Goberno Local que van estar operativos?

Veciños do Concello están preocupados pola falta de información sobre a futura construción e posterior venta de nichos no Cemiterio Municipal de Altamira. Por iso, preguntamos ao Goberno Local:

1. Ten previsto o Goberno Local construír máis nichos no cemiterio municipal en Viveiro?

2. Se se van construír, para que data está previsto o seu comezo?

3. Cantas peticións de nichos están contabilizadas nas oficinas municipais ao día de hoxe?

4. Pode o goberno local garantir o poder atender a demanda de solicitudes de compra de nichos no Cemiterio Municipal de Altamira?

Exit mobile version