Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP leva a pleno a petición de arranxo do único semáforo existente en Mondoñedo, despois de que Orlando González incumprise a promesa de reparalo antes de comezar o curso escolar

Mondoñedo, 23 de setembro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo rexistrará unha moción de urxencia para o seu debate na sesión plenaria que se celebrará esta semana na que instarán ao goberno que lidera, Orlando González, a que “arranxe ou quite” o único semáforo que existe na localidade e que leva meses sen funcionar, dado que, incluso, a súa non reparación está a xerar inseguridade entre os condutores.

Os populares trasladan esta petición vía iniciativa plenaria despois de que o alcalde nacionalista incumprise a promesa que adquirida na última sesión plenaria, durante a que o Grupo Municipal do Partido Popular mandara cursar petición de arranxo urxente do semáforo situado na Avenida de Bos Aires.

Neste mesmo senso, os populares tamén solicitaran que se sinalizara o seu non funcionamento, mentres non se arranxara esta sinal, tendo en conta que o reflexo do sol na pantalla luminosa da sinal, induce a error e provoca que moitos condutores realicen a correspondente parada crendo que o semáforo está en vermello.

O PP de Mondoñedo lamenta que Orlando González incumprise coa súa palabra de arranxar a sinal de tráfico antes de comezo do curso escolar, polo que dende o Grupo Municipal proceden ao rexistro dunha moción de urxencia, tal e como anunciaran no seu momento no caso de que esta situación non se resolvese.

Os populares critican que a falta de implicación do nacionalista conleve que o goberno local non sexa capaz de que funcione o único semáforo que existe na localidade. Dende o PP consideran “triste” que se estea a dar esta situación e que un alcalde non consiga nin que funcione esta sinal.

“Realmente a incapacidade é tal que o único semáforo co que conta a nosa cidade, leva meses sen funcionar a pesar das múltiples protestas dos veciños, que realmente insisten na inseguridade que xera porque o reflexo do sol, semella que funciona e os vehículos quedan parados esperando o cambio”, matizan dende o PP, que urxen a súa adecuación ou pola contra supresión.

Os populares consideran que debe esixir traballo e compromiso para resolver os problemas dos mindonienses e o “principal foro que temos é a sesión plenaria”

Labor informativa
A voceira do PP no Concello de Mondoñedo, Elena Candia, tamén vén de manter unha reunión co presidente da asociación con sede en Mondoñedo, Abrindo Camiño, para achegar á documentación á exposición pública sobre o procedemento de delimitación do Camiño de Santiago pola costa, e que afecta directamente á localidade.

Exit mobile version