Site icon Crónica3.com A Mariña

Os deputados do PP poñen en valor a achega da Xunta para a recuperación e conservación dos espazos naturais en 5 concellos da Mariña da Rede Natura 2000

A Mariña, 06 de setembro de 2013.- O PP a través dos seus deputados José Manuel Balseiro e Vidal Martínez Sierra, quixeron poñer en valor a achega da Xunta de Galicia para a recuperación e conservación dos espazos naturais en cinco concellos da nosa comarca con espazos que forman parte da Rede Natura 2000. O Goberno galego investirá 435.246 euros a distribuír entre o ano en curso e o 2014 en Alfoz, Ourol, A Pontenova, Ribadeo e O Valadouro

A Rede Natura 2000 é un instrumento creado por unha Directiva da Unión Europea dirixido á conservación do medio natural, e a través do que se busca brindar a oportunidade de aproveitar as vantaxes económicas e sociais que unha xestión adecuada dos espazos naturais pode reportar, facilitando e potenciando aquelas actividades que, sendo compatibles coa conservación da natureza, contribúan á mellora da calidade de vida e, por extensión, ao desenvolvemento do territorio rural galego. A Rede Natura 2000 está conformada por dous tipos de áreas: zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e lugares de interese comunitario (LIC).
A relación de concellos beneficiarios das axudas son:

Concello

2013

2014

Alfoz

10.934,68

8.946,55

Ourol

9.697,39

7.934,22

Pontenova

9.868,84

8.074,51

Ribadeo

11.000,00

9.000,00

Valadouro

3.534,84

2.892,15

45.035,75

36.847,43

Segundo explican Balseiro e Martínez-Sierra estas actuacións están dirixidas a contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que cómpre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia

 

TRIPLE FINALIDADE

As axudas teñen por obxecto financiar a execución de accións que permitan melloras nun triplo obxectivo

a) Actuacións dirixidas á mellora da paisaxe agraria e desenvolvemento de usos recreativos: limpeza e restauración de camiños de acceso aos predios; sinalización de camiños, e outras de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000.

b) Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional (protección e restauración de elementos de valor patrimonial nas explotacións: hórreos, milladoiros, cabanas, valos e fontes; calquera outra de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000).

c) Actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas: sistemas de condución e drenaxes próximos a zonas de acceso; investimentos destinados á preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes; mantemento de sebes nas beiras das zonas comúns e outras de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000.

Exit mobile version