Site icon Crónica3.com A Mariña

O ribadense Ginzo faise coa I Popular dos Remedios

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO ribadense José Ginzo, que milita nas filas do Club Atletismo Occidente de Navia, consiguiu proclamarse campión da “I Carreira Popular dos Remedios”, celebrada o pasado domingo en Mondoñedo sobre unha distancia de 5.500 metros aproximadamente.

A segunda posición foi para o afincado en Ribadeo Jesús Antonio López López, compañeiro de equipo de Ginzo. En terceira posición chegaba o burelense Simón González Río e en cuarta posición entraba o ribadense Mario Orosa Pérez, do C.C. Eo.

Foto: N.Q.C. Os ribadenses José Ginzo (1º), Mario Orosa (4º) e Jesús López (2º), en Mondoñedo.

Exit mobile version