Site icon Crónica3.com A Mariña

O servizo de teletradución para mulleres inmigrantes seguirá en funcionamento en Burela ata agosto de 2014

Burela, 2 de setembro de 2013. Concello e Secretaría Xeral de Igualdade asinan unha addenda ao convenio para a asistencia social integral a mulleres inmigrantes a través do servizo teletradución, que funcionará durante un ano máis, é dicir ata o 31 de agosto de 2014.

A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, subliñou que “dado o interese e a boa acollida que o servizo ten amosado entre as mulleres estranxeiras, a Secretaría Xeral de Igualdade considerou de interese tramitar unha addenda ao convenio que asinamos o ano pasado coa finalidade de ampliar o seu prazo de duración ata o 31 de agosto de 2014”. A edil popular considera “moi positiva para Burela esta ampliación do servizo, xa que na actualidade existen rexistradas 44 nacionalidades diferentes no noso concello”.

Durán lembrou que “o servizo de teletradución está dispoñible de xeito gratuíto para todas as mulleres que o precisen no CIM. Ademais non supón custe algún para o Concello de Burela nin para as usuarias”.

Exit mobile version