Site icon Crónica3.com A Mariña

O socialista García Rivera critica as palabras do portavoz popular de Burela sobre a festa socialista do bonito

José María García Rivera, membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE, manifesta tralas críticas do portavoz do PP de Burela, Jose Luís Lois Losada, sobre a festa socialista do bonito en Burela que “non está disposto a tolerar, como demócrata, as súas palabras. Sinceramente falando, é vostede un hipócrita e unha mala persoa”, manifesta.

“Resulta curioso oír isto do PP: confundir un acto de partido de compañerismo, con algo institucional. Esta persoa para min indecente, insulta os socialistas dicindo que veñen a unha parrandada. Mire teña un pouco de educación e respete a esta organización. Debe saber que moitos homes e mulleres que militan no Partido Socialista, traballan sin descanso para sacar as súas familias adiante, como supoño farán as do Partido Popular e outras organizacións. É algo inxusto que vostede veña empañar un día de ledicia e de compañerismo e de: tantas e tantas cousa, para que vostede veña a poñer a nota”, explica.

“Non estaba nese acto, pero vostede tiña que presentar a súa dimisión por alonxar a xente do seu concello con barbaridades propias dos tempos da dictadura”.

Fdo: José María García Rivera

Exit mobile version