Site icon Crónica3.com A Mariña

O telecentro de Ribadeo acollerá unha charla sobre Solucións Educativas 3.0 por videoconferencia o vindeiro mércores

O vindeiro mércores, 25 de setembro, terá lugar no telecentro de Ribadeo unha charla a través de videoconferencia sobre Solucións educativas 3.0.

A charla, impartida por Dismedia, empresa especializada na achega de innovacións tecnolóxicas para o ensino, terá lugar no Centro Demostrador TIC de Santiago, e poderá ser seguida a través de videoconferencia dende diversas aulas da Rede CeMIT.

No caso de Ribadeo, o horario da mesma será de 16:00 a 20:00 horas. Principalmente está destinada directores, xerentes ou responsables TIC de colexios e centros de formación, pero están abertas ao público en xeral e a todas as persoas que teñan interese na temática a tratar.

Para inscribirse nesta actividade os interesados poden pasar polo telecentro, no 2º andar da Casa da Xuventude, ou chamar ao 982 120 732.

Exit mobile version