Site icon Crónica3.com A Mariña

Os colexios de Xove acolleron concertos de promoción da Escola Municipal de Música

Este mércores 18 de setembro ás 10:00 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán (diante de 180 alumnos/as do Pedro Caselles) e ás 12:00 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón (diante de 80 alumnos/as do IES Illa de Sarón), tres profesores da Escola Municipal de Música de Xove realizaron un pequeno concerto en cada un dos centros educativos de Xove, dunha duración de media hora cada un deles. O Concerto para os alumnos/as do IES Illa de Sarón estaba previsto realizalo no Salón de Actos do Centro Cívico, ao final cambiouse e desenvolveuse, como xa dixemos, no propio Instituto.

Con estes dous concertos abriuse o curso 2013-2014 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos tiveron unha dobre finalidade, cultural por un lado, e por outro promocional, no sentido de que se aproveitan para publicitar a Escola e para animar aos alumnos destes dous centros a que se matriculen na Escola de Música, o cal inda poden facer ata finais deste mes de setembro, concretamente ata o día 30 nas Oficinas Municipais, no Rexistro de Entrada.

Os dous concertos organízanse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Exit mobile version