O campamento tivo como monitor ao animador do Concello, David Garrafín, que para o último día de actividades preparou xogos cooperativos e a proxección dun vídeo que recolle fotos dalgunhas actividades que fixeron durante o verán. Este material audiovisual foi entregado nun CD a cada un dos participantes, que tamén recibiron un diploma e ademais houbo unha merenda.
A concelleira de Educación en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, destacou que “foi unha experiencia positiva e o feito de que por primeira vez os campamentos de verán se prolongasen ata a primeira semana de setembro contribuíu á conciliación da vida familiar e laboral, xa que as familias tiveron oportunidade de dispoñer deste servizo case ata a data de inicio do curso escolar, que comeza mañá, mércores, 11 de setembro”.