Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares denuncian que o Concello de Viveiro non solicita subvencións nin xustifica as concedidas

“Fai uns días víamos en distintos medios de comunicación como municipios limítrofes de menor tamaño pero con gobernos más eficientes que o de Viveiro, aproveitaron as subvenciones da Xunta para mellorar as súas instalacións eléctricas e concretamente, melloras no aforro enerxético”, como explica o concelleiro popular César Aja. Pola contra, “Viveiro non solicitou as axudas do INEGA sobre aforro e eficiencia enerxética nin para renovación das instalacións de iluminación pública -máis ben ó contrario, xa que suprimen farolas- nin tampouco solicitou axudas para o parque empresarial de Viveiro, entre as que podían entrar: dotación de servizos enerxéticos, depuración de auga, sistema de vías de acceso, xestión de residuos, sistemas de seguridade, etc.”, apunta.

“Pero non só non solicitou esas posibles axudas, senón que das concedidas como foron as relativas á construción de colectores subterráneos, por un importe de 110.261,02€, só foron capaces de xustificar 51.740,67€, é dicir, menos da metade”, puntualiza.

“Os fondos destinados ó soterramento dos colectores proceden do canon eólico, e é tanta a desidia e o abandono que non só non perderon máis da metade da subvención outorgada, senón que en dous exercicios anteriores, nin sequera chegaron a solicitala perdendo inversións no municipio da orde de 250.000€. Diñeiro este, co que se podería empregar a 32 persoas durante seis meses, por exemplo”, engade o popular.

“Sorprende a fraxilidade memorística do representante do BNG, quen sen ningún tipo de rubor descalifica as políticas do PSOE, cando hai que recordarlle que ata fai moi pouco formaba parte do goberno municipal, de onde foi expulsado sen contemplacións”, recorda Aja.

Así mesmo, engade que “hai que recordarlles aos Sres. do BNG que son corresponsables do desgoberno e do abandono deste municipio, tanto por acción como por omisión; pois co seu voto, democrático por suposto, auparon ao Sr. Roel por dúas veces á alcaldía. Polo tanto que non se laven as maos coma Pilatos, nin reneguen del agora”.

Exit mobile version