Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas anuncian a VIII Bonitada Socialista de Burela que se celebrará o sábado 21 na Praza da Abastos

Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela informamos que o vindeiro día 21 de setembro imos a celebrar a VIII Bonitada Socialista de Burela na Praza de Abastos de Burela a partires das 14:00 horas. Como xa ben sendo habitual os socialistas de Burela imos a celebrar esta bonitada có fin de por en valor o noso bonito do norte, o noso príncipe azul.

Con motivo desta celebración queremos convidar a participar da mesma a todos os afiliados e afiliadas do noso partido na comarca, así como, a simpatizantes e veciños e veciñas de Burela.

O menú desta celebración vai a constar de:
Empanada
Salpicón de bonito
Bonito á grella
Postre e café

O prezo por persoa deste menú, e tendo en conta os difíciles tempos que estamos a padecer, vai a ser de 15 euros/persoa.

Animamos a quen así o desexe a participar desta VIII Bonitada Socialista de Burela onde a bo seguro imos a pasar un xantar agradable na que esperamos contar có noso flamante novo Secretario Xeral Galego e Presidente da Deputación, o compañeiro José Ramón Gómez Besteiro.

Exit mobile version