Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela piden a “rectificación” das declaracións con “falta de respecto aos veciños participantes na festa socialista co produto estrela de Burela” que consideran “redactadas polo Sr Barcia” mentras que “o Sr Losada foi o corre, ve y dile”

Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela entendemos a política como unha maneira de prestar servizo ós veciños e veciñas de Burela, e exercémola dentro do respeto e a tolerancia ás persoas e ás ideoloxías distintas ás nosas. Xa sabíamos que o estilo de facer política do Sr Barcia é a da política ruín, rastreira e barrio baixeira buscando sempre o insulto e a descalificación como arma política. O que non contábamos é que esta maneira de facer política se contaxiara ó resto do Partido Popular de Burela. Falamos do Sr Losada, e non nos queremos crer que as notas de prensa emitidas polo Partido Popular de Burela faltando ó respeto ó noso partido, afiliados, simpatizantes e votantes que quixeron compartir con nós a celebración que facemos todos os anos (levamos oito anos facendo esta celebración) na que se fai unha exaltación do noso produto estrela, como é o bonito de Burela, foran obra do Sr Losada ó que temos en estima. Estamos convencidos de que estas notas de prensa foron redactadas polo Sr Barcia e o Sr Losada foi o “corre, ve y dile” do Sr Barcia, pero supoñemos que co coñecemento do Sr Losada, do contrario pareceríanos aínda máis grave a falta de respeto cara ó noso partido político na súa totalidade. Esperemos que o Sr Losada teña máis personalidade e non firme as notas que lle redactan, e do Sr Barcia que teña a valentía de firmar o que redacta.

Con respecto ó contido, non temos máis que dicir que o Partido Popular de Burela o único que fai son anuncios sen ningún tipo de contido, nalgúns ámbitos do noso pobo xa lle chaman ó Sr Barcia “O Vendefumes”, xa que a xestión deste equipo de “desgoberno” é igual a cero. Anuncios, anuncios e máis anuncios, tal é a desesperación deste equipo de “desgoberno” e a súa falta de xestión que utiliza ó Partido Popular de Burela como arma para atacar á xente que non pensan coma eles, criticando actos que pasan totalmente das súas competencias da crítica política.

O noso consello é que o que ten que facer o Partido Popular de Burela é a de poñer ó seu equipo de “desgoberno” a gobernar dunha vez, e a ir concretando os anuncios que día si e día tamén fan sen ningún tipo de resultado práctico, e deixen de exercer a oposición posto que os veciños e veciñas de Burela os elixiron para gobernar e non para facer a oposición.

Pedimos unha rectificación pública ó Sr Losada (non nos importa que lle redacte a rectificación o Sr Barcia), pola falta de respeto que tivo para os veciños e veciñas que asistiron á nosa celebración e a toda a xente que non puido asistir e que nos deron o seu apoio nas eleccións.

Exit mobile version