Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas repróchanlle á Xunta que “ non está a facer os deberes” da loita contra o furtivismo na Mariña lucense

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 13. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, dixo este martes que o goberno galego “non está a facer os deberes” no tocante á loita contra o furtivismo da Mariña luguesa. Así o dixo nunha pregunta oral presentada na Comisión de Pesca celebrada hoxe na que salientou que o servizo de Gardacostas conta actualmente con 8 efectivos para vixiar 100 quilómetros de costa.

Val reclamou “maior planificación, maior previsión, coordinación e dotación de servizos” para que os cidadáns da Mariña e os profesionais da extracción marisqueira poidan facelo “en igualdade de condicións”. Reclamoulle ao goberno galego un compromiso para explicar cando e como vai encetar a anunciada ampliación dos recursos deste servizo.

O responsable socialista salientou que a día de hoxe o servizo de Gardacostas da Mariña luguesa conta con 12 persoas, que se reducen a 8 efectivos ao descontar aos inspectores e os xefes de unidade operativa e de base. Isto supón ademais que en cada quenda traballen entre 3 e 4 persoas para controlar o furtivismo, as lonxas e todo o que entre nas súas competencias sen contar con embarcacións propias, o que “para nada é suficiente”.

O parlamentario socialista salienta a preocupación dos membros das confrarías luguesas e en toda a sociedade da Mariña diante do furtivismo, que está a vivir un repunte non número de casos diante dos medios insuficientes cos que conta o Servizo de Gardacostas.

Exit mobile version