Site icon Crónica3.com A Mariña

Os usuarios dos CRPL de ‘A Mariña’ comezan un taller de elaboración de xabóns artesanais

PENTAX DIGITAL CAMERATras o descanso do período estival, nos CRPL (Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral) de “A Mariña” poñemos en marcha na nova tempada un taller de Elaboración de Xabóns Artesanais, proxecto financiado pola Fundación Mapfre.

O proxecto continúa coa formación para o emprego do noso colectivo, ampliando os coñecementos dos mesmos ao mesmo tempo que aumenta a súa versatilidade e flexibilidade laboral. Ademais permite experimentar con novos materiais que despertan a curiosidade e motivación dos participantes.

Mais aló de todo isto, o proxecto permite aos nosos usuarios poñer en práctica o traballo en equipo e todos os valores con el relacionados (como a organización, a empatía….) contribuíndo así a mellorar a rede de apoio social, un aspecto fundamental na estabilidade e calidade de vida dos nosos usuarios, ademais de repercutir directamente sobre a súa autoestima a partir dos resultados acadados.

Exit mobile version