Site icon Crónica3.com A Mariña

Peche inscrición Escolas Deportivas-Culturais ACD Xove

Esta semana acaba o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas-Culturais da ACD. XOVE , para a tempada 2013-2014. Son 14 as escolas que se ofertan en total: xogos pre-deportivos, psicomotricidade, fútbol sala, baloncesto, fútbol 8, patinaxe artística, xadrez, karate, tenis de mesa, campo a través, atletismo, pilates, aeróbic, teatro e pintura. Arredor de 300 alumnos, ente nenos e adultos, participarán nestas actividades que se desenvolverán entre outubro do 2013 e xuño do 2014. Son 17 os monitores destas actividades que traballarán xunto a 11 directivos/delegados que coordinarán as actividades. A presentación da tempada farase o vindeiro sábado 5 de outubro ás 20:30h no salón de actos do Concello de Xove; mentres que as actividades darán comenzo o luns día 7.

Exit mobile version