Site icon Crónica3.com A Mariña

Penabad agradece á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras a inversión de preto de 90.000 para actuacións en Ribadeo

Ribadeo 24 de setembro de 2013- Logo de que este martes saíse publicado no DOG que a consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas destina unha partida de preto de 90.000 euros para levar a cabo actuacións no concello mariñán de Ribadeo, o presidente dos populares neste municipio, Jesús López Penabad, agradeceu ao departamento de Agustín Hernández a súa colaboración e compromiso con este concello.

Penabad destacou a importancia destas obras e mostrou a súa satisfacción porque se fagan realidade.

“Falamos de actuacións como a mitigación dos efectos antropoxénicos negativos sobre o espazo natural da ZEPA e do desenvolvemento de obras da zona de aparcamento na Avenida de Rodríguez Murias”- explicou Penabad quen engadiu que en total suman preto de 90.000 euros e que é o Departamento de Agustín Hernández quen os destina.

Penabad lembrou que estamos ante outras actuacións moi importantes para o municipio e onde se ve o compromiso do executivo galego con Ribadeo, neste caso, da consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras.

Exit mobile version