Site icon Crónica3.com A Mariña

Penabad destaca a colaboración da Xunta con Ribadeo coa achega de preto de 12.000 euros para impulsar o programa de redución do abandono escolar

Ribadeo 17 de setembro de 2013.- “Preto de 12.000 euros; concretamente, 11.988,8 euros, é a cantidade económica que destina o executivo galego para financiar, apoiar e potenciar distintos programas contra o abandono escolar entre os mozos e mozas ribadenses”- afirmou Jesús López Penabad, quen salientou a colaboración da Xunta de Galicia para intentar poñer fin a esta problemática.

O popular explicou que Ribadeo é un dos 22 concellos da provincia que se ve beneficiado por estas axudas autonómicas, e gracias as mesmas, os mozos e mozas que abandonaron o sistema educativo poderán prepararse para as probas de obtención do graduado en educación secundaria obrigatoria ou para incorporarse a estudos de formación profesional de grao medio e-ou de bacharelato.

Manifestou López Penabad que os beneficiarios finais destas axudas son o alumnado de terceiro e cuarto de educación secundaria, ou dos programas de cualificación profesional inicial, así como tamén os mozos e mozas de entre 16 e 24 anos que abandonaron o sistema educativo sen acadar a titulación de graduado en educación secundaria.

Concluíu o popular poñendo de manifesto que, entre outros, os obxectivos destes programas son en definitiva, propiciar que os alumnos que abandonaron o sistema educativo poidan continuar con estudos de bacharelato ou formación profesional; mellorar a adquisión de competencias básicas nos mozos e mozas en risco de abandono escolar ou favorecer a atención educativa en escolas máis vulnerables (inmigrantes ou alumnos en risco de exclusión social”).

Exit mobile version