A Plataforma Galiza contra a Guerra, formada por un conxunto de organizacións sociais, culturais, sindicais, políticas, estudantís e cívicas galegas que se opoñen á agresión imperialista contra Siria anunciada polos Estados Unidos e respaldada por varios países da UE e do G-20, foi presentada este sábado 7 de setembro. A Plataforma Galiza contra a Guerra continúa aberta a novas incorporacións de entidades e organizacións que entendan a situación siria da mesma óptica. Tamén convida a participar a todo o pobo galego nas concentracións que se promoverán cada xoves, ás 20:30 horas, nas cidades e vilas galegas co fin de demostrar o rexeitamento social a esta acción militar anunciada.