A aula da UNED de Foz informa dos prazos de admisión e matrícula para o curso 2013/2014. No caso da admisión para estudos de Grado, Licenciaturas, Diplomaturas, Enxeñerías en extinción: 18 de xuño ó 16 de outubro de 2013; mentres que no caso de estudos de Gardo, Licenciaturas, Diplomaturas e Enxeñerías existen prazos diferentes segundo a titulación. Os Grados con limitación de prazas (cursos de adaptación para Diplomados en Traballo Social e Enxeñeiros Técnicos Industriais) manteñan aberto o prazo de inscrición do 1 de setembro ao 20 de setembro de 2013, mentres que o prazo de anulación e modificación de matrículas e prolonga ata o 31 de outubro. O prazo de matrícula para os estudos de acceso para maiores de 25 e 45 anos esténdese do 12 de setembro ata o 28 de outubro para o curso de acceso de maiores de 25 e 45 anos e do 28 de xaneiro ata o 7 de febreiro para a proba de acceso para maiores de 25 e 45 anos. No caso de acceso para maiores de 40 anos por acreditación profesional o prazo de inscrición será do 1 de abril ata o 11 de abril de 2014. finalmente, o prazo de matrícula para os cursos do Centro Universitario de Idiomas a Distancia estenderase do 4 de setembro ata o 4 de novembro. Para más información, pódese contactar coa UNED-Aula Universitaria de Foz, a través do teléfono 982 133 699 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.