Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación Escola Municipal de Música de Xove 2013-14

A presentación do curso 2013-14 da Escola Municipal de Música de Xove desenvolverase este xoves 26 de setembro na sede da Escola no antigo Colexio de Palmeiro, a partires das 19:00 horas. Na mesma cóntase coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira Dolores Meitín, a directora da Escola Xulia Nogueira, e tamén algún dos profesores. Tamén están invitados a esta presentación tódolos alumnos da mesma e os seus pais e familiares.

Exit mobile version