Site icon Crónica3.com A Mariña

Recollida de tapóns no CRPL de Burela

Este martes o CRPL (Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral) de Burela realizou a entrega dunha gran cantidade de tapóns, a unha persoa da Asociación Banta de Tomiño. Banta, o banco de tapóns do Baixo Miño destinará estes tapóns a diferentes campañas de axuda. Os tapóns foron recollidos nos últimos meses polos propios usuarios con moito empeño e continuidade. Cremos que iniciativas como estas son fundamentais, e xa non só pola labor á que contribúen, se non tamén porque fomentamos valores sociais como a axuda aos demais ou a empatía. Ademais participar en actividades como esta infunden sentimentos de pertenza e compromiso coa sociedade e ao mesmo tempo redunda nunha autoestima e autovalía mellorada, e en definitiva na mellora da calidade de vida.

Exit mobile version