Site icon Crónica3.com A Mariña

Regal Cerámica participa esta semana en Maison & Object

Regal Cerámica participa por novena edición consecutiva en Maison & Object do 6 ao 10 de setembro en París convidado por lês Ateliers d´Arte de France. Trátase do único artesán galego que participa nesta ocasión sen o paraugas da Xunta de Galicia, e polo tanto, correndo con todos os gastos. Outro artesán madrileño completa a representación do conxunto de España.

A participación de RegalCerámica, por noveno ano consecutivo e tras a boa acollida dos anos pasados, vai dirixida a tendas e galerías especializadas en “Obxetos de arte” onde so se expoñen novidades de cerámica artística en gres de alta temperatura, pezas de gran tamaño, destinadas a tendas de obxetos de arte, decoración de interiores e mobiliario, unha colección de “Pezas únicas”, esculturas numeradas de 1 ao 10 e firmadas con color e deseños vangardistas. Como novidades presentase un apartado de “Obra de Autor” de Otero Regal.

“E tamén aproveitamos para volver a presentar a colección de pratos, deseñados por Manolo Gómez creador de entre outros films “O bosque animado” e “Noite de San Xoán”. Trátase de 5 pratos numerados dos que so se fai unha edición de 100 exemplares. Cabe destacar que O BOSQUE ANIMADO en francés “LA FORET ENCHANTEE” foi un gran éxito en Francia, obtivo o premio de cine infantil de “Cannes Junior” e foi adquirida polo estado francés para proxectala nos colexios públicos de Francia”, como recorda Otero Regal.

“Tamén cabe destacar que dende a nosa participación en Maison & Object exportamos a ARABIA SAUDI, LIBANO, DUBAY, TAIWUAN, Romanía, Irlanda, Francia, Italia, Alemaña, Gran Bretaña e USA entre outros destinos. Saír fora das nosas fronteiras e hoxe unha necesidade obrigada para continuar coa produción do noso obradoiro e manter os postos de traballo do mesmo. Hoxe non se pode quedar quieto esperando que papa estado ou quen sexa che vella a solucionar o problema das vendas”, explica Alfonso.

Maison & Object é o mellor reflexo do dinamismo e do carácter emprendedor cun enorme potencial comercial. A aposta polos conceptos de deseño, calidade, creatividade e presentación, así como o crecente avance da cultura da moda para o fogar, protagonizan a oferta deste salón orientado ó comprador mais selectivo e esixente.

O contido de Maison & Object articulase en torno a oito sectores que comprenden desde a mais ampla variedade de complementos indispensables para o equipamento e a decoración integral do fogar, ata as novas propostas en téxtil, menaxe, artesanía, artigos de viaxe e todo un completo repertorio de orixinais ideas en regalos informais, de fantasía, infantís e obxectos útiles adaptados ós novos hábitos do consumidor.

Exit mobile version