Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolle o 26 e o 27 de setembro un obradoiro de emprendemento rural sustentable organizado por A Cova da Terra

A asociación A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, organizan este obradoiro dentro do programa: De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio. O obxectivo de este proxecto é achegar á mocidade as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural, a partir de conceptos clave como agroecoloxía, sustentabilidade económica, social e medioambiental, cooperación e soberanía alimentaria.

Este obradoiro é un dos nove que se están a celebrar por todo o país durante os meses de xullo setembro e outubro. O proxecto pasou xa por Vilalba, Chantada, Redondela, O Barco e A Estrada, onde a mocidade puido descubrir as oportunidades de emprendemento económico, éticas e socialmente responsables, que ofrece o noso rural. As próximas localidades, ademais de Ribadeo, serán Baio e Boiro.

O obradoiro celebrarase na Casa “El Viejo Pancho”, nº 12 (ao pé da pastelería a Candelaria) con horario de 16 a 21h os días 26 e 27 de setembro. É unha actividade de balde, grazas á colaboración da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia. As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa. Poden encontrarse máis detalles sobre o calendario de obradoiros e a forma de inscrición na dirección web: http://deaquixustoeecoloxico.blogspot.com.es/.

Exit mobile version