Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolle unha xornada maxistral sobre prevención de riscos laborais

Ribadeo, 13 de setembro de 2013. As instalacións da Casa do Mar de Ribadeo acollerán unha xornada maxistral sobre Xestión da prevención de riscos na empresa: a batalla activa da prevención. Será o vindeiro venres, 20 de setembro, de 9 a 14 horas e poderán acudir 35 persoas. A cita está dirixida a empresarios, técnicos de prevención e profesionais de prevención de riscos laborais, responsables de saúde laboral e traballadores. Os interesados poden obter máis información e inscribirse no teléfono: 982 28 40 15 ou no correo electrónico: formación@cel.es e tamén nos locais de ACISA en Ribadeo, sitos na Avenida de Galicia ou chamando ao 982 120 565.

Na xornada abordaranse aspectos coma a xestión da prevención na empresa, a cargo de Fernando Barreda Nadela que é técnico de prevención de riscos en Fremap; as responsabilidades e sancións en materia preventiva, que impartirá Nicolás González Raposo, xefe de inspección de Traballo e Seguridade Social en Lugo; ou a batalla activa da prevención, cuestión da que falará José Ignacio Garrote Freire, xefe de servizos de Seguridade e Saúde Laboral da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar.

Colabora coa Confederación de Empresarios de Lugo na organización deste evento a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

Exit mobile version