Site icon Crónica3.com A Mariña

Rosalía para os máis cativos

O martes 24 de setembro na Casa da Cultura de O Vicedo ás 16.00 horas a Consellería de Cultura e Educación e a Editorial Galaxia presentan un ciclo de concertos “Rosalía pequeniña”, un libro disco que mestura poemas de Rosalía de Castro coa ilustración de María Seoane e máis a voz de Uxía Senlle. Está dirixido os máis pequenos da casa e presenta unha Rosalía meniña que busca dialogar directamente cos ouvintes, neste disco pódense escoitar cancións de ritmos dende a miuñeira, rock, baladas blues… Como di Uxía “hai moitos maneiras de interpretar e reinterpretar a Rosalía”.

Exit mobile version