
O Club Ciclista Foz e o Club Ciclista Burela organizaron unha ruta en bicicleta de estrada entre as localidades asturianas de Navia e Cangas de Narcea. Participaron 23 socios de ambos clubs así coma os integrantes da Asociación Cicloturista de Cangas de Narcea que fixeron de anfitrións. A ruta constaba de 117 km. e tiña as dificultades de subir o alto de Aristébano, Porciles e o santuario do Acebo xa en Cangas. A climatoloxía foi adversa con bastante frío e choiva o que fixo que as estradas estiveran perigosas e o percorrido fose máis difícil do que xa era con ese perfil pero afortunadamente todo transcorreu sen novidade. O remate da ruta e despois das duchas, todos os integrantes da excursión repuxemos forzas un restaurante de Cangas partindo para as localidades respectivas en autobús unha vez rematada a comida. Esta ruta entra dentro das actividades que ambos clubs teñen programadas para os socios que practican o ciclismo de estrada e que tivo no mes de maio outra ruta entre Xixón e os lagos de Covadonga.