Site icon Crónica3.com A Mariña

Sara Cuíña, fichaxe estrela do ED Lourenzá Ensino de Nacional

sara cuíñaSara Cuíña, nacida en Pontedeume e de 19 anos de idade, incorpórase a partir desta semana ó equipo de Nacional ó igual que a todopoderosa pívot Rocío Varela, unha das xogadoras destacadas da temporada pasada.

Sara, formada nas categorías inferiores do Pontumio estivo formando parte a temporada pasada da primeira plantilla do Durán Maquinaria Ensino disputando bastantes minutos como base. Non saía no 5 inicial pero si era unha das fixas nas rotacións de Javi Muñoz. Este ano a base prefire dar un paso atrás para logo dar dous adiante, e seguir formándose a base de xogar moitos minutos. Polo tanto, terá ficha de Nacional e estará tamén á disposición do primeiro equipo.

Ademais, Rocío Varela seguirá estando na mesma situación que a temporada pasada despois de chegar onte a un acordo coa directiva. Seguirá dispoñendo de ficha de Nacional e alternará partidos tamén co primeiro equipo. Rocío foi unha das claves do ascenso co seu xogo interior, destacando ademais a súa habilidade no manexo do balón a pesar de xogar como pívot.

Así pois, 3 serán as xogadoras sub-23 que estean vinculadas ó equipo de Liga Feminina: Sara Cuíña, Rocío Varela e a santanderina Tamara Montero. Ademais estarán a disposición de Juan Nécega Andrea Meilán, Marly Varela, Sabela Uriz e Marta García que xa adestran esperando o debut do 5 de outubro diante do Universidade de Salamanca xunto coas júnior de Liga Galega que tamén terán minutos en Nacional.

Con estas incorporacións dase case por pechada a plantilla, salvo que xurda unha incorporación interesante para xogar por dentro da zona.

Exit mobile version