Site icon Crónica3.com A Mariña

Tras o descanso estival comezaron as sesións de ximnasia preventiva para maiores en Burela organizada pola concellería de Servizos Sociais

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela, 12 de setembro de 2013. Comezou hoxe a ximnasia preventiva para maiores, tras o descanso estival. Segundo informa a Concellería de Servizos Sociais as sesións son impartidas por unha fisioterapeuta en tres quendas: os luns e os xoves de 9 a 10, de 10 a 11 e de 11 a 12 horas.

A edil Diana Durán explica que “os grupos distribúense segundo as limitacións de mobilidade causadas polas doenzas que presenten as persoas maiores de 65 anos. Trátase de realizar exercicios en grupo de ximnasia preventiva para persoas non dependentes”.

A concelleira de Servizos Sociais asegurou que “o curso pasado foi un éxito, xa que contou cun centenar de participantes” e lembrou que “as persoas interesadas en obter máis información sobre esta actividade poden dirixirse ás oficinas de Servizos Sociais do Concello de Burela”.

Exit mobile version