Site icon Crónica3.com A Mariña

Tras renovar co seu principal patrocinador o club viveirense de fútbol sala pasa a denominarse Galipizza Cidade de Viveiro

convenioDurante esta temporada 2013/2014 o equipo viveirense denominarase deportivamente Galipizza Cidade de Viveiro, xa que a directiva do club e o xerente do Grupo Pizzbur Playa, Lema, chegaron a un acordo de colaboración. Dita sociedade está considerada como un dos mellores grupos hostaleiros na Mariña lucense, integrado polos seguintes establecementos: PizzburCovas, PizzburRibadeo, Dkada, As Tixolas.

Boa imaxe no arranque da tempada a pesar do empate
O pasado sábado o equipo deu inicio á tempada cun empate (2-2) ante o Outeiro de Rei, posiblemente un dos equipos máis fortes da Liga Galega Norte. Os tantos locais foron anotados por David Díaz e Calpita.

A vindeira xornada o equipo visitará a Peña Españolista Sarria Futsal.

Exit mobile version