Site icon Crónica3.com A Mariña

Venda anticipada para o Día do Club: BurelaFS – ElPozo Murcia (sábado 28, 18:30 horas)

Vista Alegre vivirá este sábado (18.30 horas) unha nova festa do fútbol sala no Día do Club coa visita dun dos grandes titáns de Primeira LNFS, ElPozo Murcia, subcampión de liga, Copa e Supercopa.

Evita a longa espera ás portas da bomboneira adquirindo a túa entrada con antelación. A venda anticipada estará aberta dende este martes na sede do CD Burela FS Pescados Rubén, de luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00).

PREZOS PARA SOCIOS
Abono Individual: 5 euros

Abono Familiar: 5 euros/entrada

Abono Estudante: 5 euros

Abono Xuvenil: 5 euros

Abono Xubilado: 5 euros

Abono Infantil: 1 euro

PREZOS PARA NON SOCIOS
Maiores de 14 anos: 20 euros

De 0 a 13 anos: 3 euros

Exit mobile version