Site icon Crónica3.com A Mariña

VII Encontro Río Ouro e Praias de Foz

encontro-sendeirosPreto de 800 sendeiristas participarán o sábado 21 de setembro no “VII ENCONTRO RÍO OURO E PRAIAS DE FOZ”. Serán máis de 100 os participantes do municipio de Foz; pero tamén se achegarán ó encontro visitantes asturianos dende Xixón, Oviedo, Navia, Cudillero Salas ou Pola de Lena. Tamén chegarán dende diversos puntos de Galicia coma Lugo, Burela, Xove, A Pontenova, Pol, Culleredo, Boiro, A Coruña ou Ferrol. A saída está prevista para as 10.00 horas dende a Área Recreativa da Praia A Pampillosa de Fazouro. A asociación Os Sendeiros móstrase orgullosa de ver como ano tras ano o grupo de participantes medra grazas á xente que axuda a levar o encontro adiante.

Exit mobile version