Site icon Crónica3.com A Mariña

Volven as actividades de lecer educativo para nenos e nenas de 7 a 14 anos en Chao de Castro – Altair

O grupo de actividades de tempo de lecer Chao de Castro ten a ledicia de anunciar o comezo do novo ano de actividades de lecer educativo, que terán lugar todos os sábados en Burela, entre as 16 e as 19 horas no local do grupo (Rúa do Río 10, entreplanta dereita).

“Ven a coñecernos”
O vindeiro día 28 de setembro terá lugar a inauguración do curso cunha xornada especial na que invitan a todas a familias que o desexen a acercarse a informarse e coñecer en primeira persoa a asociación e os seus proxectos. De feito, estrean panel pintado polos nenos da asociación.

“Campamento Rural”
Aproveitamos tamén para adiantarvos que entre o 11 e o 13 de Outubro terá lugar o noso Campamento Rural de inicio de curso, na fermosa e acolledora parroquia de Bravos, Ourol. Terá un custe de 40€ con descontos especiais para irmáns e socios.

O vindeiro 6 de outubro terá lugar unha reunión informativa coas as familias dos nenos que participen no campamento.

De igual forma, durante os próximos días seguiremos repartindo información sobre o campamento e a asociación nos colexios de Burela, Foz e Cervo, e para dar a coñecer o noso proxecto ás familias da comarca.

Exit mobile version