Site icon Crónica3.com A Mariña

Xincana en Burela

sen_cochesCo día sen coches remataba este domingo a Semana da Mobilidade. A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, fixo unha valoración moi positiva da mesa e subliñou “o éxito absoluto un ano máis do circuíto de karts, no que houbo unha participación moi elevada todos os días. Tamén reuniu a moita xente a xornada de onte tanto durante a celebración da xincana como nos xogos deportivos ao aire libre. Ademais moitos nenos aproveitaron o bo día que fixo para sacar as bicis á rúa e disfrutar do día sen coches”. A edil popular dixo que “tamén tivo moi acollida o stand do Mellor de cada casa, así coma a portería inchable do Burela FS. Grande éxito de participación houbo tamén na merenda, doada pola ACIA de Burela”. A concelleira de Medio Ambiente tivo palabras de agradecemento para “todas e cada unha das asociación que colaboraron con nós durante esta Semana da Mobilidade, así coma aos CEIPs e IES e aos traballadores do Concello que, con grande esforzo, organizaron a Semana da Mobilidade”.

Exit mobile version