Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de limpeza voluntaria nos ríos de Ribadeo

Os días 28 de setembro e 5, 12 e 19 de outubro celebraranse xornadas de limpeza nos ríos de Ribadeo. Trátase dunha actividade dirixida principalmente á xuventude, aínda que se agradece a colaboración de persoas de todas as idades e do rural. O Concello farase cargo de transporte, material, bocadillos e bebidas. O número máximo de participantes será de 55 persoas en autobús (que sairá dende a estación ás 09.00 h e volverá ás 14.00 h), máis os que se despracen pola súa conta. Paralelamente estanse a organizar outras 4 xornadas cos centros educativos locais. É imprescindible apuntarse no 982 120 701 (Concellaría de Medio Ambiente). Para máis información: sostibilidade@ribadeo.org.

Exit mobile version