O programa da actividade vai ser o seguinte:
15:30h. a 16:15h. Inscrición de participantes e agasallo de participación.
16:30h. Saída Ruta cicloturista por Xove (casco urbano).
17:15h. Saída Ruta cicloturista en liña desde Xove a Portiño de Morás, pasando pola Praia de Lago. En Morás, descanso e refrixerio para os ciclistas (16 km).
17:15h. Xogos de bici, globoflexia, pintura de caras, animación deportiva (para todos os que non participen na ruta en liña).
18:45h. Chegada do pelotón da ruta en liña.
18:45h. Merenda e refrixerio para todos os participantes.
19:00h. Sorteo dunha bicicleta doada polo Concello de Xove. Sorteos de distinto material deportivo, vales de compra para material deportivo, etc.
19:30h.-19:45h. Fin da actividade.
Organiza: ACD.XOVE.
Colaboran: CONCELLO DE XOVE, FUNDACIÓN ALCOA, DEPUTACIÓN PROVINCIAL,COCA-COLA, LA VOZ DE GALICIA, MOTOS PABLO, MOTOS TELMO, BICI-TOTAL, DISTRIB. CARREIRAS, FISIOTERAPIA XOVE,DEPORTES CAPITÁN, CEREZO BIKES, CAF. CENTRO CÍVICO.