Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove mellora o acceso á igrexa de Vilachá cun investimento de máis de 70.000 euros

MELLORA DO ACCESO Á IGREXA DE VILACHÁ (1)O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e o aparellador municipal veñen de inspeccionar o final da obra no acceso á igrexa parroquial de Vilachá.

Esta obra tivo por obxecto a adecuación e acondicionamento do acceso ao entorno da Igrexa de Vilachá, na Parroquia de Portocelo, así como a restitución dos muros de mampostería existente, desmontados pola ampliación do vial.

Con esta intervención perseguíase mellorar o acceso dos veciños á Igrexa e ao seu entorno, o cal se conseguiu plenamente, xa que o novo acceso permite o paso de 2 vehículos simultaneamente, o que non ocorría antes. Ademais, para mellorar e garantir a seguridade das persoas que accedan a esa área, dentro do vial creouse un espazo peonil diferenciado. Tamén son neste caso importantes os beneficios estéticos, dado que esta intervención realizouse no entorno da Igrexa de Vilachá; neste sentido, os traballos realizados manteñen o máximo respecto polo seu entorno, adecuándose e integrándose perfectamente co xa existente.

Esta importante obra incluíu as seguintes actuacións:
-A primeira parte deste proxecto, que incluíu varias fases, foi a ampliación do vial de acceso, desescombrando a área de intervención; con esta intervención practicamente se duplicou o ancho do vial; aquí destacamos a aportación dos veciños, os cales desinteresadamente cederon os terreos cos cales se realizou a ampliación da calzada.

-Unha vez ampliada, procedeuse á construción dun muro de mampostería a ambos lados e ao longo de todo o vial de entrada, ata o entorno da Igrexa; partíase da existencia duns muros previos, os cales estaban en moi mal estado. Ao ampliarse o ancho do vial, os muros houbo que refacelos na súa nova ubicación.

-Rematados os muros, procedeuse ao nivelado da calzada, canalización para alumeado, instalación de reixas nos sumidoiros, colocación de arquetas de conexión, etc., para rematar esta fase cun rego de aglomerado de toda a calzada. Neste sentido, e xa falamos antes dela, dentro da intervención realizada, aproveitouse para marcar unha beirarrúa dentro do vial para facilitar o acceso peonil.

-Esta obra rematouse coa instalación dun novo alumeado público, con novas e modernas lámpadas.

O investimento nesta obra foi de 73.149 euros, aos que hai que engadir o custo do aglomerado, o cal formou parte dun proxecto de aglomerados de varios viais do Concello.

Exit mobile version