A competición celebrouse o pasado domingo 22 de setembro no pavillón da Duquesa na Casa do Deporte de Lugo coa participación de tiradores de diferentes puntos da provincia. Foi o Club San Froilán o que dominou de forma absoluta; polo que o seu adestrador, o internacional Julio Rivas, se mostraba “moi satisfeito polo rendemento dos seus pupilos e pupilas”. Dase a casualidade, ademais, de que foi este mesmo técnico o que iniciou ao irmán maior da tiradora mariñá, o tamén internacional e medallista continental Cristóbal Rodríguez nesta práctica deportiva.
A viveirense, que dispoñía dunha hora e cuarto para efectuar corenta disparos con branco a dez metros, templou os nervios e foi remontando posicións ao tempo que corría o reloxo. Ao final, permitiulle a súa clasificación directa para o campionato galego que se celebrará o vindeiro mes de outubro na localidade coruñesa de Arteixo.
Deste xeito, a deportista volve así á competición tras unha paréntese nesta modalidade.