Neste evento promovido por Acia Foz participan A Funcional, A Maseira, A Rula, Bar Acuario, Bar Oíche, Café Bar Llas, Cafetería Dallas, Cafetería May-Ros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Xoyma, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Hostal O Norte, Hotel Restaurante Leyton, Mesón O Tangarte, Náutico Centro Social, O Tangarte Mariñeiro, Pizzería A Soalta, Pizzería Xoíña, Restaurante As Brasas, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Lar e Restaurante O Mar.
Campañazo
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz organiza tamén unha nova edición do Campañazo, que repartirá un total de 3.000 euros en vales de compra durante os cinco venres de novembro. Será os días 1, 8, 15, 22 e 29 a partir das once da noite en directo por Radio Foz (107.4 FM) e conta coa participación de 58 establecementos hostaleiros e comerciais.
Cada venres de novembro haberá en xogo 300 euros en vales de compra para o Campañazo e outros 300 para o resto de cartóns premiados. O primeiro sorteo será este venres, 1 de novembro.
Visitas a San Martiño
Durante a vindeira ponte festiva volverán as visitas guiadas á Basílica de San Martiño. Todas aquelas persoas que durante estes días fixeron e fagan as súas compras nos establecementos asociados obterán tickets para participar na visita guiada que terá lugar o sábado, 2 de novembro. A saída farase ás 11:30 da mañá desde a praia da Rapadoira, pasando ás 11:40 polas inmediacións da Casa do Concello. E a volta desta interesante viaxe para promocionar o patrimonio cultural de Foz será ás 13 horas.
A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos apoia a inclusión de San Martiño coma variante do trazado do Camiño Norte, debido á importancia que tivo a Basílica, que foi sede episcopal e chegou a ter ata 15 bispos. Ademais existiu na zona un hospital de peregrinos, feito que acredita que os viaxeiros pasaban por aquí rumbo a Santiago de Compostela.