Site icon Crónica3.com A Mariña

2ª Xornadas de Formación no sector gandeiro de ovino e cabrún

A Cooperativa Vélaro Soc. Coop. Galega celebrará o vindeiro sábado día 26 de outubro de 2013 na vila de Sarria as 2ª Xornadas de Formación no sector gandeiro de ovino e cabrún orientadas aos gandeiros e o público en xeral. A entrada é aberta ao público e gratuíta, sendo únicamente necesaria a confirmación da asistencia no número de teléfono 687 – 77 80 13. As xornadas darán inicio ás 10:30 h. da mañá e finalizarán ás 19:00 h da tarde, facendo un receso para a comida que terá lugar no restaurante das mesmas instalacións do complexo Litmar, na Rúa Ameneirizas, 1. C.P. 27600. Sarria.

Exit mobile version