Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo acolleu a final autonómica da Copa Galicia 2013 da Pura Raza Galega

O semental de pura raza galega de nome Porteño con 210,60 puntos, propiedade da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e a eguas de nome Támaga do ganadeiro coruñés de Oza dos Ríos, Marcelino Freire Abad, con 206,80 puntos, proclamáronse oficialmente Campións de Galicia 2013 da Raza Galega na final da competición morfolóxica p.r.g. “Copa Galicia 20013”.

No segundo lugar na sección de sementais maiores de tres anos, proclamaríase o cabalo Jalisco con 190,8 puntos de Sergio Freire, seguido en terceiro lugar de Pancho de Monte Meda de Ramón Suárez Andrade de Vimianzo (A Coruña) con 186,6 puntos e Artes con 184,88 puntos, da Asociación pura raza cabalo galego.

Na sección de eguas, a segunda clasificada no campionato galego sería Leixa con 199,50 puntos, da gandería de José Fandiño Vázquez, seguida en terceiro lugar de Galaxia de Oza de Marcelino Freire con 178,70 puntos.

A entrega de trofeos presidiuna o Vicepresidente Primero de la Excma. Deputación Provincial de Lugo, D. Antonio Veiga, acompañado do alcalde en funcións de Mondoñedo e membros do goberno municipal e comisión organizadora dunha das Feiras máis antigas do mundo, As San Lucas, que na presente edición cumpriron 857 anos.

Dende a asociación destacan a importancia desta liga autonómica que garantiza a posta en valor da raza galega como alternativa clara á crise que sofre o mercado da carne de cabalo. A aposta da asociación é polos cabalos de deporte, ocio e terapias equinas.

Campionato de Andadura Galega
No campionato de andadura galega, “Gran Premio Concello de Mondoñedo”, organizado pola asociación pura raza cabalo galego, os gañadores foron os seguintes cabalos e xinetes:

Na modalidade de andadura Serrada (Dous Tempos), primeiro clasificado Bolera, de Lino Freire; segundo clasificado, Furia, de Lino Freire; terceiro clasificado, Soledad de Manuel Rega e cuarto clasificado Navarro, de Fernando Mera.

Na modalidade de andadura Chapeada (Catro Tempos), primeiro clasificado Chapista, de Genaro López; segundo clasificado Cobal, de Fernando Mera; terceiro clasificado Chapolin, de Ignacio Romero e cuarto clasificado Noa. de Pedro Pardo.

O campionato disputouse baixo a auga no recinto de A Granxa e contou con gran afluencia de público e sen ningún tipo de incidente. Todas as probas contaron co co-patrocinio da Xunta de Galicia, Deputación de Provincial de Lugo e Comisión de festas de As San Lucas.

A asociación pura raza cabalo galego foi un ano máis a encargada da organización, dirección e desenvolvemento das competiciones de As San Lucas, sendo esta a décimo quinta vez que organiza este certame equino.

Exhibición en homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela
Cumpríndose o 530 aniversario da decapitación do Mariscal Pero Pardo de Cela e a petición do Concello e comisión organizadora de As San Lucas a asociación pura raza cabalo galego, presentou na tarde do domingo 19 de outubro un espectáculo de doma de alta escola ofrecido pola sección de doma de Galicia, “Dragones de Santiago” e a participación especial do número ecuestre da señorita Lorena González Maldonado de Burgos, medalla de Bronce no Salón Internacional do Cabalo “Sicab 2009”. Foi unha representación ecuestre dirixida e coreografada por Jacobo Pérez Paz, Coordinador Xeral da Asociación Pura Raza Cabalo Galego en homenaxe a Mariscal Pardo de Cela.

Un numeroso público seguiu o desenvolvemento dos 50 minutos que durou o espectáculo, con multitude de aplausos e mostras de cariño cara xinetes e cabalos participantes destacando a participación dos cabalos de pura raza gallega, así como a participación doutras razas de tronco celta atlántico europeo.

O éxito do espectáculo garantiza que o vindeiro ano, se volva a presentar un novo número na Feira Cabalar de As San Lucas.

Exit mobile version