Site icon Crónica3.com A Mariña

A 857 edición das San Lucas convértese nun novo éxito

Mondoñedo, 21 de outubro de 2013. A nova edición das feiras e festas das San Lucas convértese nun novo éxito de público, de actividades e de feiras”, sinalou este luns Miguel Souto, presidente da Comisión de Festas das San Lucas 2013.

Aínda que o mal tempo obrigou a suspender o concerto de Di Elas “as festas seguen sendo un éxito rotundo. Tódalas actividades programadas, tanto as culturais como as equinas, gozaron dun amplo éxito de público”, dixo Souto.

Segundo o Presidente da Comisión o balance “é moito mais que positivo”. Dende o concerto do cantautor ferrolán Andrés Suarez, pasando pola Orquesta Melodias, Budiño, o monologo de Carlos Blanco ou a exhibición de doma ou mesmo a carreira de trotons “tódalas actividades foron un éxito rotundo”, afirmou.

Miguel Souto quere agradecer a tódolos institucións oficiais, tanto Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo, como ao Concello de Mondoñedo e Axencia de Turismo de Galicia da Xunta , como a súa colaboración para promover e potencias as feiras das San Lucas 2013. Tamén quere agradecer o esforzo e o traballo de tódolos comerciantes, colaboradores e veciños. Ademais Souto quere facer un especial agradecemento aos medios de comunicación “moitas gracias por axudarnos a manter estas festas vivas en momentos tan complicados, gracias infinitas pola vosa atención”.

“Como ben dixo a pregoeira a nós gustariamos que cada día en Mondoñedo fose 18 de outubro, por eso esperamos traballar máis e mellor para volver a converter Mondoñedo na capital que foi en Galicia”, concluíu Souto.

Exit mobile version