Site icon Crónica3.com A Mariña

A agrupación local de Viveiro da AECC anima a participar o domingo na marcha contra o cancro

VIVEIRO, 16 de outubro de 2013.- A agrupación local de Viveiro da Asociación Española contra o cáncer (AECC), que preside Beatriz Piñón López quere facer un chamamento a todos os lucenses en xeral e aos mariñáns en particular para que participen o vindeiro domingo, día 20, nunha marcha solidaria contra o cancro de mama.

Os interesados en participar deberán acudir ás 10.00 da mañá á Praza Maior de Viveiro, desde onde sairá toda esa marea rosa solidaria que percorrerá o paseo marítimo de Covas. Está previsto que os actos finalicen cunha solta de globos no paseo marítimo, á altura da praia de Sacido, para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.

Trala solta de globos, haberá unha charla no Complexo hoteleiro Las Sirenas, que correrá a cargo da psicóloga Doña Rosa Marina Zas Castro especialista en prevención, programas e servicios da AECC de Lugo.

A Marcha Rosa de Viveiro está patrocinada por “LENCERÍA ENCANTOS” de Cantarrana ( Viveiro) a quen a Agrupación local de Viveiro da AECC quere mostrar o seu agradecemento pola súa colaboración, igual que ao “Complejo Hoteleiro Las sirenas”, que presta gratuitamente as súas instalacións para a conferencia organizada.

Exit mobile version