Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT de Burela acollerá do 14 ao 25 de outubro un curso de iniciación ás follas de cálculo

Burela, 8 de outubro de 2013. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá un novo curso de informática impartido polo Concello de Burela.

O vindeiro luns, 14 de outubro, comezará un curso de Iniciación ás follas de cálculo na Aula CeMIT de Burela. Con esta actividade ensinaráselle aos asistentes a dar os seus primeiros pasos coa folla de cálculo Libreoffice Calc. Este curso está dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática. Será impartido de 11 a 12:30 horas e rematará o 25 do mesmo mes.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre a citada actividade poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Desde a Concellería de Educación lembran que os usuarios da Aula CeMIT poderán facer uso libre dos equipos e da internet, en horario de mañá de 12:30 a 14:00 horas e en horario de tarde de 18:00 a 19:30 horas.

Exit mobile version