Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de Cultura burelesa organiza un ciclo de teatro afeccionado con grupos da Mariña neste outono

Burela, 24 de outubro de 2013. A Delegación de Cultura burelesa organiza para este outono un ciclo de teatro afeccionado con grupos da Mariña. A primeira representación terá lugar este venres 25 ás 21:30 horas no auditorio da Casa da Cultura.

O grupo de teatro Raiolas de Alfoz será o encargado de estrear este ciclo coa obra Ruídos na casa: “unha casa distinta, mediática, invencible; convertida en escenario involuntario dunha mestura de acción, humor, ritmo, personaxes trepidantes e situacións inverosímiles que rodean unha función de teatro con moito misterio”.

A concelleira Mónica Pedre sinala que “a representación é para todos os públicos e a entrada será libre” e anima “a acudir ao teatro, a disfrutar da nosa cultura e do espectáculo que nos ofrecerán os grupos participantes neste ciclo que iniciamos mañá, 25 de outubro”.

Exit mobile version