
O sábado día 26, ás cinco trinta da tarde, fixo a súa actuación na Residencia de Anciáns Virxe do Carme de Foz, a Coral Polifónica local, acto organizado pola Asociacón Cultural “O CAIADO”. Nesta ocasión, os membros da Coral Polifónica apareceron vestidos de rúa e non cos uniformes das actuacións habituais, a idea estaba centrada en facer un acto máis familiar, informal e de achegamento ós anciáns, cuestión que conseguiron ata o punto que, un dos residentes desa casa Jamucho Neira, ex traballador do Concello de Foz e coñecedor dunha das cancións do repertorio da Coral, foi invitado pola directora da mesma Carmen Alonso (de Ariza), a cantar con todos sendo moi aplaudida a actuación e participación de Jamucho que gozou co xesto da directora e da Coral. Compre destacar que a actuación da Coral foi de 45 minutos con temas moi seleccionados do seu amplísimo repertorio, incluída música tradicional galega.