Site icon Crónica3.com A Mariña

A licitación das obras de acceso ao Porto de Burela será unha realidade grazas aos 800.000 euros consignados nas contas da Axencia Galega de Infraestruturas 2014

Santiago, 19 outubro de 2013.- Os orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para o exercicio do vindeiro ano suporán 165 euros por cada lucense, o que supón a segunda provincia con máis investimento per cápita en materia de infraestruturas. O departamento que dirixe Agustín Hernández mantén o volume de investimento nesta provincia para o ano 2014, ao destinar un orzamento de case 58 millóns de euros.

Das partidas para o 2014 destacan as reservadas ás infraestruturas viarias, urbanas e hidráulicas que suman un total de 49,4 M€, o que implica un 85% do investimento global.

No apartado estradas, as contas permitirán en liñas xerais manter a política de conservación e  mellora de seguridade viaria na rede da provincia de Lugo, que suma 1.500 quilómetros, e avanzar no desenvolvemento das obras xa en marcha, así como iniciar unha actuación fortemente demandada, como é o caso do acceso ao Porto de Burela.

Deste xeito, o capítulo das infraestruturas viarias é o grupo que aglutina a maior partida orzamentaria con case 30 millóns de euros, dos cales 16,27 M€ son para a conservación e mellora da seguridade. Os investimentos de 2014 tamén permitirán á Axencia Galega de Infraestruturas multiplicar por seis o orzamento previsto para o Plan Paradai, que pasa dos 0,38 M€ en 2013, aos 2,8 en 2014. Outro dos viais que tamén verá incrementada a súa partida orzamentaria é a Vía de Altas Prestacións Sarria- Monforte, á que se consignan 8 millóns de euros, 2,6 millóns máis que no ano pasado.

En canto ás novas actuacións, destaca o acceso ao Porto de Burela con máis de 800.000 euros para a licitación das obras en 2014, tal e como se comprometera o conselleiro de Medio Ambiente.

Á conexión do Porto Seco de Monforte destínase 3,5 M€ das contas da Dirección Xeral de Mobilidade. Este departamento mantén un ano máis a aposta por mellorar a mobilidade dos lucenses, co apoio ao Plan de Transporte Metropolitano da área de Lugo, ao que en 2014 se achegarán 110.000 euros.

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

2014

 

29,94 M€

 

 

ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS

 

Conservación de estradas

11,78 M€

VAP Sarria – Monforte

7,97 M€

Mellora da seguridade viaria

4,49 M€

VAP da Costa NortePROVINCIAS DA CORUÑA E LUGO

1,00 M€

Plan Paradai

2,80 M€

Desenvolvemento Plan Sectorial Aparcamentos Disuasorios

0,38 M€

Acceso ao Porto de Burela

0,86 M€

O seguinte capítulo con maior investimento é o de infraestruturas hidráulicas, que se eleva a 10,87 M€ para o exercicio de 2014. Destacan as melloras na Mariña lucense, coa consignación de máis de 6,8 M€ para o abastecemento de San Cosme e San Pedro de Reinante e os 800.000 euros para a estación depuradora de augas residuais de Ribadeo.

Augas de Galicia levará a cabo outras actuacións relevantes  como o saneamento de Pantón ou a adecuación do cauce e ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celeiro.

AUGAS DE GALICIA

2014

 

10,87 M€

 

 

ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS

 

Abastecemento San Cosme e San Pedro de Reinante. Barreiros.Convenio CH Miño Sil – Concello Sarria – Augas de Galicia

6,07 M€

Renovación condución xeral dende depósito de San Simón a Vilalba

1,08 M€

Explotación da EDAR de Ribadeo

0,82 M€

Adecuación cauce e ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celerio. Sarria.

0,68 M€

Saneamento en Pantón

0,33 M€

Eido medio ambiental
En relación cos investimentos destinados á mellora e conservación do medio ambiente, o departamento que dirixe Hernández mobilizará máis de 1,5 M€ para o desenvolvemento de melloras de avaliación ambiental, como os puntos limpos, e de conservación da natureza.

De feito, neste último apartado destaca o investimento que se reserva as zonas de Rede Natura existentes na provincia, ás que se dedican case 70.000 para as axudas a concellos inscritos dentro desta demarcación e para a creación e dotación do Centro de Interpretación do Courel.

Exit mobile version